Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de novembro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (España Piñeiro, Francisco Javier e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3º planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 4 de novembro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado Procedemento

España Piñeiro, Francisco Javier

DNI: 36030696-T

Martínez Garrido, 73-4 dta.

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. 2109/2001.

RR. 142/2003-Providencia 3540047115.

González Álvarez, Germán Joaquín

DNI: 36129757-T

Aragón, 200-2º B

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. 13301/2001.

RR. 88/2003-Providencia: 2540118130.

Villaverde Fernández, Manuel

DNI: 36021526-F

Cm. do Forte-Alcabre, 26

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. 9241/1999.

RR. 97/2003-Providencia: 3540035851.