Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.118

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas números 01/204 e 01/205 de profesor titular de escola universitaria convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos

establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de coordinación universitaria os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública as composicións das comisións que han de resolve-los concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 01/204 e 01/205, convocados por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 14 de novembro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Praza nº: 01/204.

Comisión titular:

Presidente: Fernández Madrid, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Bescansa López, Fermín Luis, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Pérez Guerra, Alfonso, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Garabito Gregorio, Felicísimo, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Burgos.

Moscardo Martín, Juan Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: Maldonado Ramos, Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Tribo Busquets, José, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Heras Fernández, Mariano de las, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Casa Martín, Fernando da, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Alcalá de Henares.

Barón Cano, Juan Luis, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Praza nº: 01/205.

Comisión titular:

Presidente: Fernández Madrid, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Bescansa López, Fermín Luis, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Pérez López, Claudio Francisco, catedrático de escola universitaria. Universidade de Burgos.

García Alcocel, Eva María, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Alicante.

Navarrete Martínez, Idelfonso, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Grananda.

Comisión suplente:

Presidente: Maldonado Ramos, Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Tribo Busquets, José, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Ignacio Vicens, Guillermo de, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Cases Andreu, Idelfonso, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Barrio Riaño, Pedro del, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Burgos.