Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2613; XG-269, encoro de Castiñeiras-Pontevedra, con anexos, e V-2999; XG-337, Castelo-Pontevedra, con anexo.

A Dirección Xeral de Transportes, mediante acordos directivos do 24 de setembro de 2003, autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Autocares Rías Baixas, S.L. por cesión do seu titular Líneas Pontevedresas de Autobuses, S.L.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas das concesións.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes