Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dos servicios de atención de comidas e a aloxados no Pazo de Mariñán durante o ano 2004. (Expediente ref. 03/9827 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de atención de comidas e a aloxadas no Pazo de Mariñán durante o ano 2004.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña, Pazo de Mariñán.

Prazo de execución: dous anos, prorrogables segundo o previsto na cláusula 6 do prego.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento máximo: 26.000 euros, IVE incluído, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación en BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de novembro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña