Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da federación profesional denominada Consorcio do Comercio do Salnés.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Consorcio do Comercio do Salnés, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: Comarca do Salnés.

Profesional: comercio da dita comarca.

Asinan a acta de constitución os representantes das distintas asociacións de empresarios e comerciantes, integrados na federación do Consorcio do Comercio do Salnés.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 17 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra