Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais para a planta de reciclaxe de vidro, promovida por Danigal Vidrio, S.L. e localizada no concello de Verín (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais para a planta de reciclaxe de vidro, promovida por Danigal Vidrio, S.L. e localizada no concello de Verín (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos, porase ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

Concello de Verín.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día á publicación deste resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental