Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de novembro de 2003, da Subdirección Xeral do Tesouro, polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico, número 1771/2002, para os efectos da expedición dun duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 1771/2002 constituído

o día 9 de decembro de 2002 en Santiago de Compostela, por medio de depósito provisional en metálico polo importe de 2.704,20 euros e que garante á empresa Fiateira Motor, S.A.

Requírese, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para os efectos de que o presenten na Subdirección Xeral do Tesouro da Consellería de Economía e Facenda, con domicilio no edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA