Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Julia Gómez Nogueira).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase notificación de expediente de afección de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta dirección xeral, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de novembro do 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Nicolás Jesús Barballido Gómez.

NIF: 15938710-D.

Obrigado ó pagamento: Julia Gómez Nogueira.

NIF: 15132696-F.

Importe: 133,70 euros.

Zona de recadación: Pontevedra.