Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos expedientes 47 e 61/2003.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), acorda dar publicidade á adxudicación dos seguintes expedientes:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expedientes:

-CC.PP. 47/2003 e 61/2003.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato:

-C.P. 47/2003: subministracións sucesivas.

-C.P. 61/2003: subministracións.

b) Descrición do obxecto.

-C.P. 47/2003: adquisición de infusores desbotables, equipos de bombas de infusión e kits de monitorización.

-C.P. 61/2003: adquisición dun equipo radiocirúrxico.

c) Lotes:

-C.P. 47/2003: punto 8.1.3. da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

-C.P. 61/2003: punto 8.3. da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

d) Boletín o diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

-C.P. 47/2003: DOG nº 111, do 10 de xuño de 2003.

-C.P. 61/2003: DOG nº 158, do 18 de agosto de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación:

-C.P. 47/2003: ordinaria.

-C.P. 61/2003: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

-C.P. 47/2003: 212.532,92 A.

-C.P. 61/2003: 60.000 A.

5. Adxudicación.

a) Data:

-C.P. 47/2003: 20 de outubro de 2003.

-C.P. 61/2003: 30 de setembro de 2003.

b) Contratistas:

-C.P. 47/2003:

LoteProvedorArtigoPrezo

unitario

adxudicado

1Baxter, S.L.Bomba infusión desbotable medicación 24 horas 275 ml30 A

Bomba infusión desbotable medicación 7 días 275 ml46 A

Bomba infusión desbotable medicación 2 días 275 ml46 A

2Baxter, S.L.Bomba infusión desbotable medicación 24 horas 65 ml26 A

Bomba infusión desbotable medicación 2 días 105 ml37 A

Sistema perfusión intermitente ambulatorio 1 hora15 A

3B. Braun Medical, S.A.Equipos bomba infusión3,90 A

4Abbott Laboratories, S.A.Kit monitorización UCI c/transductor12,54 A

-C.P. 61/2003:

Siemens, S.A.

Lote 1: equipo radiocirúrxico, por un importe total adxudicado de 60.000 A.

Ferrol, 7 de novembro de 2003.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol