En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicio:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 9/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: privado de seguros.
b) Descrición do obxecto: adxudicación, mediante concurso público, do contrato privado de seguro de vida e accidentes dos deputados e do persoal ó servicio do Parlamento de Galicia.
c) Lotes: único.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 179, do 16 de setembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 210.354,24 euros, IVE incluído. O prezo será obxecto de revisión anual de acordo coas idades dos asegurados, e os licitadores deberán incluír nas súas ofertas as tarifas de revisión que se aplicarán anualmente.
5. Adxudicación.
a) Data: 20 de outubro de 2003.
b) Contratista: Previsión Española de Seguros y Reaseguros, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 188.859,63 euros, IVE incluído.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.
José María García Leira
Presidente