Tendo en conta o artigo 3.1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, (DOG do 9 de agosto de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Arteixo.
Localidade: Arteixo.
Código do centro: 15032145.
Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 3.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria de Pastoriza.