Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003 pola que se ordena a remisión á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 5006/2003 (procedemento ordinario), interposto polo Concello de Arteixo.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5006/2003 (procedemento ordinario), interposto polo Concello de Arteixo contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de xuño de 2003, que estima en parte o recurso potestativo de reposición deducido contra outro, do 5 de decembro de 2002, que aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia.

Esta consellería resolve ordena-la remisión do correspondente expediente administrativo á devandita sala.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003; DOG nº 17, do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio