Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/626-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. esq. Glez. Besada.

Situación: concello de Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z., de 97 m de lonxitude, con orixe na cela de M.T. proxectada no C.T. Capela e remate no C.T. que se proxecta, de 250 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado na travesía Hermanos Camba-esq. Glez. Besada de Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra