Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/625-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., CD Porto de Tragove, 10.

Situación: concello de Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z., de 7 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. CBD804, entre os CC.TT. Rivera de Fefiñáns e lonxa Tragove, e remate no centro de seccionamento que se proxecta, situado no porto de Tragove 10, no concello de Cambados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra