Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003 pola que se convocan unhas xornadas sobre aspectos xurídico-económicos e fiscais das fundacións.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2003 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre aspectos xurídico-económicos e fiscais das fundacións, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O sector das entidades que operan sen ánimo de lucro -as que os anglosaxóns coñecen como non profit

organisations- alcanza unha crecente presencia na vida social e suscita cada vez maior interese entre operadores sociais e económicos, funcionarios, universitarios, profesionais e público en xeral.

Estas xornadas tratan de dar unha visión, ó tempo, técnica e práctica dos aspectos patrimoniais e fiscais que se refiren ás fundacións, á vista da recente regulamentación destas persoas xurídicas na súa lei estatal propia e na lexislación sobre mecenado.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-As fundacións de interese galego.

-A dotación da fundación.

-O réxime do patrimonio fundacional.

-O exercicio de actividades económicas pola fundación.

-O control do protectorado sobre o patrimonio e sobre as actividades económicas da fundación.

-O réxime fiscal das fundacións.

-O réxime fiscal do mecenado a favor de fundacións.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da Delegación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na Coruña (praza de Pontevedra, s/n, da citada cidade), os días 18 e 19 de decembro de 2003.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 16 de decembro de 2003.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 17 de decembro, das 8.30 ás 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir

no desenvolvemento das xornadas, así como o de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente

a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA