Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2003, aprobou o prego de cláusulas económico-administrativas do concurso de iniciativas para a creación dunha sociedade mixta por mor da instalación e explotación dun parque eólico singular:

1. Obxecto do concurso. O obxecto do concurso é a selección de persoa/as física/as ou xurídica/as

que, mediante achega de capital privado, concorran co concello á creación dunha sociedade mercantil de responsabilidade limitada, nos termos e coas condicións que se reflicten no prego e nos pactos estatutarios que rexan a sociedade.

2. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso.

3. Capital social. Prevese un capital social de tres mil cen euros con seis céntimos (3.100) repartidos en participacións indivisibles e acumulables das que o concello subscribirá o 51 por 100. O socio privado subscribirá o resto das participacións. O capital social será desembolsado integramente no momento da constitución da sociedade.

4. Garantías. Provisional: tres mil catro euros con seis céntimos (3.004,06 A).

5. Obtención de documentación. O prego de cláusulas económicas-administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes s/n, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións. 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo quinto coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade. Serán pola conta do/s adxudicatario/s.

8. Máis información. Teléfono: 982 56 20 47, en horario de 9.00 a 14.00. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 19 de novembro de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde