Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Por esta alcaldía, con data do 17 de novembro de 2003, adoptouse resolución, que na súa parte dispositiva di:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución do polígono único do Plan parcial de ordenación do parque empresarial da Rega-Cuíña, deste termo municipal, redactado polo arquitecto Ramiro Martínez Casado por instancia do beneficiario da expropiación Xestión Urbanística de A Coruña, S.A.

Segundo.-Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

Terceiro.-Someter, de conformidade co previsto no artigo 143, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ó citado proxecto ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que quen poida resultar interesado, formule as observacións e reclamacións que estimen oportunas, en particular no concernente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparezan como titulares dos bens e/ou dereitos no expediente, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contados a partir da data da notificación.

Para estes efectos o expediente estará exposto nas oficinas municipais sitas na praza Isabel II s/n da Vila de Santa Marta.

Cuarto.-Aproba-la seguinte relación de bens afectados e propietarios:

Parcela 1.

Titular: Pita Romero, representante Getrudis Pita Romero.

Superficie afectada: 1.070 m (afección total).

Valoración: solo + 5% de premio de afección; total 5.404,04 euros.

Parcela 2.

Titular: Pita Romero, representante Getrudis Pita Romero.

Superficie afectada: 563 m (afección total).

Valoración: solo + 5% de premio de afección; total 2.843,43 euros.

Quinto.-Esta publicación terá tamén os efectos dispostos polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles interesados ós que non poidan serlles practicadas as correspondentes notificacións».

Ortigueira, 18 de novembro de 2003.

Antonio Campo Fernández

Alcalde