Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 22 de outubro de 2003, acordou aprobar por unanimidade o convenio urbanístico de delimitación do polígono constituído polos predios sitos en Lestedo, dos propietarios Antonio Quinteiro Canedo, José Bermúdez Reboredo e esposa e Ana Belén Santasmarinas Carneiro.

O dito expediente permanecerá exposto ó público no Concello de Boqueixón durante 20 días hábiles co fin de que poida ser examinado polas persoas interesadas e que presenten as reclamacións que consideren oportunas.

Boqueixón, 23 de outubro de 2003.

Adolfo Gacio Vázquez

Alcalde-presidente