Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de servicio consistente na limpeza das instalacións da Delegación Provincial de Pontevedra. (Expediente CX035).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: limpeza das instalacións da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 anos.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total cincuenta e sete mil trescentos quince euros con setenta e oito céntimos (57.315,78 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3378

6. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo (10) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na

oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

7. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo