Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003 pola que se somete a información pública o Plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Meloxo.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, elaborou o Plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Meloxo.

Este documento sométese á información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A-6º, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, Zona Sur, rúa Benito Corbal, 37-3º, en Pontevedra. En ámbolos dous enderezos poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia