Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servicio de limpeza dos edificios sedes dos órganos xudiciais que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza dos edificios sedes dos seguintes órganos xudiciais: planta 1ª do edificio dos xulgados de Betanzos e ampliación 2ª, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, xulgados de Ribeira, planta baixa, soportal de entrada e garaxe do edificio dos xulgados de Ortigueira, anexo xulgado de Ferrol (garaxe, planta 1ª e 2ª), xulgados de Carballo, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de execución: o sinalado no anexo do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde o día 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 ámbolos dous incluídos (12 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 123.353,69 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2.467,07 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 62 29.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación.

A clasificación esixida será a seguinte:

-Segundo o Regulamento xeral de contratos das administracións públicas (artigo 37): grupo U, subgrupo 1, categoría A.

-Segundo os criterios de clasificación establecidos na orde do Ministerio de Facenda do 24 de novembro de 1982, modificado pola Orde do 30 de xaneiro de 1991: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas empezará ó día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.00 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3384

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local