1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza dos edificios destinados a sedes administrativas da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
b) División por lotes e número: non leva.
c) Lugar de execución: o sinalado no anexo do prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 ámbolos dous incluídos (12 meses).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 73.898,35 A, IVE incluído.
5. Garantía provisional: 1.477,97 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfonos: 981 54 45 17.
e) Telefax: 981 54 46 96.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación.
A clasificación esixida será a seguinte:
-Segundo o Regulamento xeral de contratos das administracións públicas (artigo 37): grupo U, subgrupo 1, categoría A.
-Segundo os criterios de clasificación establecidos na orde do Ministerio de Facenda do 24 de novembro de 1982, modificado pola Orde do 30 de xaneiro de 1991: grupo III, subgrupo 6, categoría A.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.15 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9.15 horas.
10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.
11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3385
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.
Manuel E. Martínez Oubiña
Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Administración Local