Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 13 de novembro de 2003, o estudio de detalle de iniciativa privada presentado e promovido por Francisco Javier Suárez-Vence Santiso, con domicilio na rúa Montero Ríos, nº 12-4º B de Santiago de Compostela, en representación dos irmáns Suárez-Vence Santiso, para o desenvolvemento da área de reparto 9. Polígono non consolidado nº 9 (PNC-9) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, sito entre as rúas

Carmen Santiso, rúa Coruña e rúa Ourense de Santa Comba, redactado polos arquitectos, José Antonio Padrón Conde e Antonio Sabucedo Costa, faise público ó abeiro dos artigos 73 e 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Primeiro.-Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, se ben á dita suspensión se estinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo.-Sométese a información pública a presente aprobación inicial mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia para efectos de alegacións, durante o prazo de vinte días que comenzará a contar desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro dos artigos 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Santa Comba, 18 de novembro de 2003.

José Toja Parajó

Alcalde-presidente