1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello de Ribeira.
Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
Denominación do proxecto: parque público na Rúa de Noro (Ribeira).
Prazo de execución: catro (4) meses.
Plan: municipal.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Forma: concurso.
Procedemento: aberto.
Tramitación: urxente.
4. Orzamento:
Prezo base de licitación: 95.770,34 euros (IVE incluído).
5. Garantías:
Provisional: 1.915,41 euros.
Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información:
Entidade: Concello de Ribeira.
Domicilio: Praza do Concello, nº 1, Ribeira (A Coruña). CP 15960.
Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.
Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.
7. Requisitos do contratista:
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9.00 a 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.
Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.
Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
9. Apertura das ofertas:
Lugar: Casa do Concello de Ribeira.
Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12.00 horas. No caso de que coincida en sábado, celebrarase o seguinte día hábil.
10. Gastos:
Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Ribeira, 21 de novembro de 2003.
José Luis Torres Colomer
Alcalde