Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dun servicio concertado para o programa de novas tecnoloxías: instalación de dispositivos de localización ás persoas con calquera tipo de demencia leve-moderada. (Expediente 96/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio concertado para o programa de novas tecnoloxías: instalación de dispositivos de localización ás persoas con calquera tipo de demencia leve-moderada.

b) Lugar de execución: toda Galicia.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: un ano desde a sinatura do contrato, prevista para o 16 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: cento corenta e nove mil douscentos noventa e cinco euros (149.295 A, IVE incluído). Prezo unitario: 1,50 A/ día por usuario.

5. Garantías:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 56 50/54 01 03, Fax: 981 54 69 69. w.w.w.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais