Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 369/2003.

Con data do 16 de outubro de 2003 recibiuse escrito do secretario da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se reclama o expediente administrativo correspondente ó recurso 369/2003, interposto pola Comunidade de Monte Veciñal en Man Común Coto das Louxeiras de Xemil contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26-9-2002, sobre declaración da prevalencia de utilidade pública do proxecto explotación mineira Mondoñedo fracción segunda.

Á vista do escrito citado, e en cumprimento do establecido no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, emprázase a cantos aparezan como interesados neste, para que poidan comparecer perante o citado tribunal no prazo de nove días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente