Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada de gasto, para a contratación da asistencia pericial ós órganos da Administración de xustiza en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia pericial ós órganos da Administración de xustiza en Galicia.

b) División por lotes e número: catro lotes

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

c) Lugar de execución: o que sinale a Dirección Xeral de Xustiza.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): o prazo de execución será desde o seguinte día da sinatura do contrato e ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 150.000 euros, IVE incluído.

Lote 1: 65.000 A.

Lote 2: 30.000 A.

Lote 3: 15.000 A.

Lote 4: 40.000 A.

5. Garantía provisional.

Lote 1: 1.300 A.

Lote 2: 600 A.

Lote 3: 300 A.

Lote 4: 800 A.

Total lotes 1, 2, 3 e 4: 3.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 02/18 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses a contar desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.45 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.45 horas.

10. Gastos do anuncio.

Será por conta do adxudicatario

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación na seguinte dirección da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3380

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO