Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 10 de novembro de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2003/000098-1 e dúas máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se establezca, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispór dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000098-1.

Denunciado: Cristóbal J. Losada Martínez.

DNI: 32693536-W.

Enderezo: As Pontes de García Rodríguez, 2-3º D, Ferrol.

Precepto infrinxido: 6.7º e 6.12º.

Sanción: 1.753,26 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000100-1.

Denunciado: Felipe Manuel León López.

DNI: 32652740-P.

Enderezo: Argalla Goicochea, 23, 3º esq. Narón.

Precepto infrinxido: 6.7º e 6.12º.

Sanción: 1.598,26 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000161-1.

Denunciado: Óscar José Corral Ríos.

DNI: 32683292-Q.

Enderezo: Fene, 9-11-2º esq. A Gándara, Narón.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 210,35 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación ou, do contrario, procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 10 de novembro de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL