Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado do acondicionamento da estrada OU-311, treito: A Mezquita-fronteira portuguesa. (Clave N/OU/96.4.11).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 5 de xuño de 2002, o director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda aproba

o proxecto de trazado do acondicionamento da estrada OU-311. treito: A Mezquita-fronteira portuguesa. Clave N/OU/96.4.11.

Con data 16 de xaneiro de 2003, a Xunta de Galicia, declarou a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 104/2002, publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 2003.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no concello da Mezquita para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello da Mezquita.

Datas: 9, 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18 e 19 de decembro 2003.

Horario: de 10.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.30 horas.

Día 9 do predio nº 1 ó predio nº 50.

Día 10 do predio nº 51 ó predio nº 100.

Día 11 do predio nº 101 ó predio nº 150.

Día 12 do predio nº 151 ó predio nº 200.

Día 15 do predio nº 201 ó predio nº 250.

Día 16 do predio nº 251 ó predio nº 300.

Día 17 do predio nº 301 ó predio nº 350.

Día 18 do predio nº 351 ó predio nº 400.

Día 19 do predio nº 401 ó predio nº 500.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello da Mezquita e no Servicio Provincial de Estradas (r/ Sáenz Díez nº 1-1º), 32071 Ourense.

Ó dito acto deberán acudir-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañado, pola sua conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Ourense,

as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 11 de novembro de 2003.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas de Ourense