Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN conxunta do 18 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do acordo subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT sobre mellora retributiva e profesional do persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

No marco da mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Sergas, tralo proceso negociador seguido coas centrais sindicais integrantes dela, rematado o día 7 de agosto de 2003, a Administración sanitaria e as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT acordaron unha serie de melloras retributivas e profesionais do persoal das institucións sanitarias do Sergas que foi asinado polos representantes da Consellería de Sanidade e as citadas organizacións sindicais o día 1 de outubro de 2003.

O acordo anexo, subscrito entre as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT, tivo lugar con base no disposto no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participacion do persoal ó servicio das administracións públicas, modificado pola Lei 18/1994, do 30 de xuño.

O contido do dito acordo é o que figura como anexo I, II e III a esta resolución.

Unha vez aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, para xeral coñecemento, de acordo co dis

posto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Dispoñe-la publicación do acordo sobre mellora retributiva e profesional do persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

Manuel Antonio Silva RomeroJosé Ignacio Lema Piñeiro

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral da División de

de SanidadeRecursos Humanos do Sergas

ANEXO I

En Santiago de Compostela o 1 de outubro de 2003, no seo da mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Sergas e de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, os representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais Cesmsatse, CIG, SAE e UGT, solicitados os informes necesarios, tralo proceso de negociación rematado o día 7 de agosto de 2003, asinan este acordo sobre mellora retributiva e profesional do persoal do Sergas, co contido que a continuación se expón:

A finais do ano 2001 publicábanse os reais decretos de transferencias ás comunidades autónomas das competencias e recursos que, en materia de xestión sanitaria, viña desempeñando o Instituto Nacional da Saúde e que foron asumidas polos distintos servicios de saúde.

Este proceso transferencial determinou a adopción, por parte dos ditos servicios de saúde, de medidas de política de persoal que supuxeron un incremento do salario dos seus profesionais e outras medidas atinentes ás súas condicións de traballo.

No ámbito do Sergas, a execución dos últimos acordos retributivos para o persoal estatutario ou ben rematou ou ben remata a finais deste ano.

Por outra banda, no ámbito da nosa Comunidade Autónoma a Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, estableceu un fondo destinado á mellora e modernización dos servicios públicos, dirixido á ordenación das retribucións en ámbitos e sectores específicos da Administración autonómica obxecto da dita mellora.

A este contorno de incrementos salariais xeneralizados engádese o recentemente subscrito acordo entre a Administración do Estado e os sindicatos para a modernización e mellora da Administración pública, que contextualiza igualmente o contorno extrasanitario nun momento de xeneralizadas subas no nivel salarial dos empregados públicos españois.

Polo tanto, nestes contextos cunha incidencia directa no contorno dos profesionais que integran o sector sanitario público galego, moi especialmente no que se refire ó persoal estatutario dependente das institucións sanitarias do Servicio Galego de

Saúde, as organizacións sindicais instaron a Administración sanitaria á apertura dun proceso negociador similar ó levado a cabo noutros servicios de saúde ou administracións públicas.

Como resultado do dito proceso chégase a un acordo sobre melloras retributivas e profesionais que ten por obxecto favorece-la mellora das condicións retributivas de aproximadamente 25.000 traballadores, homologando as retribucións do Sergas no marco dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde.

Este incremento retributivo fundaméntase no compromiso de participación na mellora do servicio público, facilitando ós cidadáns o acceso ás prestacións, promovendo o seu achegamento, co fin de que a universalidade da asistencia sanitaria sexa real, efectiva e de calidade.

O acordo será executable nun prazo de 36 meses, período similar ós últimos acordos do resto dos servicios de saúde e do resto da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, no que atinxe ós aspectos profesionais configúranse estes como instrumentos de mellora e modernización do servicio público, prevéndose medidas de actualización dos cadros de persoal á ordenación profesional, redefinición da acción social, deseño regulamentario da carreira profesional e dos procesos de selección e provisión de prazas, e promovéndose a homologación do persoal ó réxime estatutario.

Por último, recóllese o compromiso de analiza-las retribucións do persoal estatutario no ámbito do Sistema Nacional de Saúde e, de se-lo caso, analiza-lo proceso negociador no seo da mesa sectorial no ano 2006.

1. Obxecto do acordo.

Este acordo ten por obxecto:

1) Establece-lo incremento das retribucións do persoal estatutario incluído no seu ámbito de aplicación e revisar e adecua-las retribucións de determinados postos de traballo que implican o desenvolvemento de funcións de especial responsabilidade ou cualificación.

2) Establece-las bases para a creación de determinados postos de traballo para a coordinación e mellora do clima laboral.

3) Preve-la incorporación ós cadros de persoal das institucións sanitarias de profesionais de enfermería especialistas en saúde mental, así como preve-la creación de categorías específicas de prevención de riscos laborais e preve-las ferramentas para a adecuación dos ditos cadros de persoal ás novas titulacións da formación profesional.

4) Constata-lo compromiso de desenvolvemento do Regulamento de selección de persoal e provisión de prazas de persoal estatutario.

5) Recolle-las bases para o deseño da carreira profesional.

6) Incluí-las bases para a reconfiguración da acción social.

7) Garanti-la reapertura dos prazos para a integración no réxime estatutario do persoal funcionario e laboral das institucións transferidas doutras administracións públicas e preve-la negociación para regula-lo proceso de xerarquización do persoal facultativo especialista de cota.

2. Ámbito de aplicación.

O acordo será aplicable ó seguinte persoal:

2.1. Persoal estatutario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde do que o réxime retributivo de aplicación sexa o Real decreto lei 3/1987 de retribucións de persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social agás o incluído no punto 2.2. Este acordo será aplicable tamén ó persoal incluído no punto primeiro do acordo subscrito pola Administración sanitaria e os representantes do comité de empresa e da xunta de persoal do Centro Hospitalario Santa María Nai, polo que se regulan determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal que presta servicios no devandito centro sanitario, publicado por Resolución de 29 do xullo de 1994 (DOG do 19 de agosto).

2.2. Persoal do que o réxime retributivo estea desenvolvido no Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria do Sergas, dictado en desenvolvemento da Lei 3/1987.

3. Vixencia.

A vixencia deste acordo estenderase cos efectos que se detallan a continuación, comprendendo desde o ano 2003 para persoal facultativo especialista de área, ano 2004, ano 2005 e ata o ano 2006, no que rematará a súa vixencia.

3.1. A execución temporal dos incrementos retributivos será a seguinte:

3.1.1. Persoal facultativo de atención especializada que teña por réxime retributivo o Real decreto lei 3/1987: Este persoal verá executado o incremento nun prazo de trinta e seis meses, con efectos do mes de xullo do ano 2003 ata o ano 2006, nos termos que se determinan na táboa do anexo I.

3.1.2. Farmacéuticos de atención primaria, técnicos de saúde e persoal sanitario non facultativo e non sanitario que teñan por réxime retributivo o previsto no Real decreto lei 3/1987 (agás o retribuído con base no Decreto 226/1996) incluíndo entre eles o persoal de servicios xerais e os traballadores sociais de atención primaria. Para estes profesionais o acordo executarase en xaneiro de 2004, ata o ano 2006 de conformidade coa táboa do anexo I e o anexo II.

3.1.3. Persoal facultativo de atención primaria e persoal sanitario non facultativo, que teña por réxime retributivo o regulado polo Decreto 226/1996 (agás os traballadores sociais e o persoal de servicios xerais: a aplicación do incremento retributivo executarase con efectividade económica desde o pri

meiro de xaneiro de 2004 ata o ano 2006, segundo o establecido no punto 4.2.

3.2. Outras materias.

As demais materias obxecto deste acordo desenvolveranse no prazo de vixencia do previsto nel.

4. Incremento retributivo.

Neste epígrafe recóllense e regúlanse os incrementos retributivos que se definen a continuación e que se concretan nos anexos I e II.

A táboa do anexo I reflicte os incrementos retributivos das categorías e grupos de clasificación; a táboa do anexo II recolle un incremento para certos postos de traballo sobre as retribucións do seu código orzamentario.

4.1. Complemento de acordo para o persoal incluído no ámbito de aplicación do punto 2.1, persoal de servicios xerais (PSX) e traballadores sociais de atención primaria.

4.1.1. Establécese un complemento de acordo destinado a remunera-la mellora e modernización dos servicios sanitarios públicos de Galicia.

As contías que se determinan na táboa do anexo I serán imputadas ó complemento de productividade fixa, sen prexuízo do disposto na disposición adicional sexta, con cargo provisionalmente ó concepto Complemento de acordo. As cantidades devengadas no exercicio inmediatamente anterior consolidaranse para o exercicio seguinte incorporándose á masa salarial, para os efectos da aplicación do incremento previsto na correspondente Lei de orzamentos xerais.

4.1.2. Coa finalidade de remunera-la especial responsabilidade, ou cualificación e especialización de determinados postos de traballo de persoal sanitario non facultativo e non sanitario, establécese, coas mesmas características que as do punto anterior, un incremento adicional respecto das retribucións do seu código orzamentario ata acada-la contía que figura na táboa do anexo II.

4.1.3. A aplicación do punto 4.1.2 exclúe a aplicación do punto 4.1.1.

4.2. Complemento de acordo para o persoal incluído no ámbito de aplicación do punto 2.2, agás persoal de servicios xerais (PSX) e traballadores sociais de atención primaria.

O incremento retributivo que se establece neste punto está destinado a remunera-la mellora e modernización do servicios sanitarios públicos de Galicia, así como a adaptación ó novo sistema de organización por tarxeta individual sanitaria (TIS), en atención ó previsto nas disposicións transitoria primeira e derradeira do Decreto 226/1996.

O incremento retributivo para este persoal será o que se determina nos puntos seguintes:

4.2.1. Médicos de familia, pediatras e odontólogos:

As contías que se detallan na táboa do anexo I serán imputadas ó complemento de productividade fixa, ó abeiro do previsto na disposición derradeira,

para a adaptación recollida na disposición transitoria primeira do Decreto 226/1996. As cantidades devengadas no exercicio inmediatamente anterior consolidaranse para o exercicio seguinte incorporándose á masa salarial, para os efectos da aplicación do incremento previsto na correspondente Lei de orzamentos xerais.

4.2.2. Enfermeiras/os e fisioterapeutas de atención primaria:

4.2.2.1. O incremento retributivo será de 500 euros por profesional que serán imputados ó complemento de productividade fixa, no importe mensual que corresponda, consonte se establece no punto 4.2.2.4, ó abeiro do previsto na disposición derradeira, para a adaptación recollida na disposición transitoria primeira do Decreto 226/1996.

As cantidades devengadas no exercicio inmediatamente anterior consolidaranse para o exercicio seguinte incorporándose á masa salarial, para os efectos da aplicación do incremento previsto na correspondente Lei de orzamentos xerais.

4.2.2.2. Mentres non se proceda á modificación do Decreto 226/1996, a fixación dos criterios para a determinación dos obxectivos dos que se derive a percepción do complemento de productividade variable garantirá, como mínimo, a consigna das contías percibidas á conta.

4.2.2.3. Así mesmo, suplementarase o complemento de productividade variable cunha contía de 330 euros ano ou contía proporcional pola prestación efectiva da atención domiciliaria, sempre que non se facilite vehículo para esa prestación nos servicios ou unidades de atención primaria.

4.2.2.4. As cantidades previstas no punto 4.2.2.1 e 4.2.2.3 executaranse coa secuencia temporal e nas porcentaxes que se indican para a súa distribución na nómina mensual:

40% no ano 2004.

30% no ano 2005.

30% no ano 2006.

4.2.3. Ó longo da execución deste acordo promoveranse as adaptacións do Decreto 226/1996 que, de se-lo caso, se requiran para a execución do previsto neste acordo.

5. Creación dos novos postos que comportan exercicio de tarefas de especial responsabilidade, dedicación e/ou coordinación.

A Administración sanitaria, de conformidade coa normativa vixente, procederá a crea-los postos seguintes:

5.1. Coordinadores de técnicos especialistas e auxiliares de enfermería.

5.1.1. Co obxecto de mellora-la calidade do servicio, potenciando a participación do persoal nos obxectivos das institucións sanitarias, fomentando a coordinación e a cooperación entre os profesionais, e co fin de detecta-las necesidades de formación dos profesionais, transformaranse 12 prazas básicas

da categoría de técnicos especialistas e 12 prazas básicas da categoría de auxiliares de enfermería (1 por complexo hospitalario/hospital e categoría) en postos de coordinadores de técnicos especialistas e de auxiliares de enfermería respectivamente. Estes postos adscribiranse á unidade con responsabilidades en materia de formación.

5.1.2. Os ditos postos terán as seguintes funcións:

-Participar nas comisións de docencia, calidade e aquelas que teñan relación coas áreas de formación e docencia.

-Detecta-las necesidades de formación do persoal, participando na organización da formación para estes colectivos.

-Colaborar coa formación dos profesionais en prácticas así como dos profesionais de nova incorporación ós postos da unidade ou servicio.

-Participar, dentro do ámbito das súas competencias, nos obxectivos atribuídos pola dirección do centro.

5.1.3. Así mesmo, a División de Recursos Humanos presentará á comisión de seguimento un protocolo de traballo para que elabore unha proposta de transformación de dúas prazas básicas das categorías técnicos especialistas e dúas de auxiliares de enfermería en dous postos de coordinadores auxiliares de enfermería e dous de técnicos especialistas que funcionarán como experiencia piloto en dous centros que se determinen co obxecto de valorar novas áreas funcionais de coordinación.

5.1.4. A retribución dos postos de coordinación anteriores terán asignada unha contía adicional á categoría básica de 850 euros, que será aplicable nas seguintes porcentaxes:

40% no ano 2004: 340 euros.

30% no ano 2005: 255 euros.

30% no ano 2006: 255 euros.

5.1.5. A provisión dos postos de coordinador de técnicos especialistas e coordinador de auxiliares de enfermería realizarase polo procedemento de libre designación por convocatoria publica, podendo ser cesado discrecionalmente. Ata que se artelle regulamentariamente o dito procedemento, a provisión terá carácter provisional.

5.2. Xefes de cociña.

5.2.1. Nas institucións sanitarias que se determinen crearase o posto de xefe de cociña co nivel retributivo de xefatura de sección do grupo C.

5.2.2. Sen prexuízo das funcións que lle correspondan ós gobernantes, o xefe de cociña coordinará, supervisará e ordenará a actividade dos cociñeiros/as e pinches no seu cometido.

6. Incorporación de novas categorías.

6.1. Enfermeiras/os especialistas en saúde mental.

6.1.1. A categoría de enfermeira/o coa especialidade en saúde mental intégrase, de acordo coa normativa vixente, no estatuto xurídico de persoal sani

tario non facultativo das institucións sanitarias da Seguridade Social, como persoal titulado de grao medio.

6.1.2. Percibirá idénticas retribucións que a enfermería coa especialidade en obstetricia - xinecoloxía ou matrona.

6.1.3. Realizará as funcións que se derivan da súa formación especializada nos servicios ou unidades de atención especializada nas institucións hospitalarias do Sergas.

6.1.4. A División de Recursos Humanos do Sergas, tralo informe da División de Asistencia Sanitaria, procederá á adecuación dos cadros de persoal dos centros hospitalarios con servicios ou unidades de saúde mental co obxecto de integra-la enfermería especializada.

6.1.5. A selección de persoal desta categoría e provisión das prazas realizarase polo procedemento ordinario regulamentariamente establecido en desenvolvemento da Lei 30/1999, do 5 de outubro.

6.2. Categorías específicas de prevención de riscos laborais.

No prazo dun ano procederase á creación, de acordo coa normativa vixente, de categorías específicas de prevención de riscos laborais.

6.3. Adecuación de categorías profesionais.

A comisión de seguimento elaborará un estudio técnico sobre a necesidade de crear novas categorías ou transformación das existentes, co obxecto de integrar, nos cadros de persoal das institucións sanitarias, as novas titulacións da formación profesional. O dito documento trasladarase á mesa sectorial previa aprobación pola Administración tralos informes necesarios.

7. Selección de persoal e provisión de prazas.

No seo da mesa sectorial, e no prazo de vixencia deste acordo, negociarase o Regulamento de selección de persoal estatutario e provisión de prazas das institucións sanitarias do Sergas, en cumprimento do mandato encomendado pola Lei 30/1999, do 5 de outubro, coa derrogación da normativa vixente no ámbito do Sergas.

Sen prexuízo do respecto ós principios enunciados na citada lei, os procedementos de selección e provisión garantirán os principios de legalidade, igualdade, mérito, capacidade, publicidade, eficacia, imparcialidade e axilidade na súa tramitación. Así mesmo, garantiranse os criterios de periodicidade das convocatorias, libre circulación entre o persoal estatutario da mesma categoría no Sistema Nacional de Saúde, e libre acceso a tódolos postos de traballo dunha mesma categoría, grupo profesional e réxime xurídico.

8. Carreira profesional.

8.1. No seo da mesa sectorial negociarase a regulamentación do sistema de desenvolvemento da carreira profesional do persoal estatutario sanitario de formación universitaria, de conformidade cos

principios e criterios establecidos na Lei de ordenación das profesións sanitarias e o Estatuto Marco, actualmente en trámite parlamentario, e que establecerá as previsións necesarias que permitan a súa homologación no resto do Sistema Nacional de Saúde.

8.2. Así mesmo, no seo da mesa sectorial negociarase o deseño da carreira profesional do persoal estatutario sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servicios, co fin de facer efectivo o dereito ó seu desenvolvemento profesional con base nos coñecementos, experiencia e cumprimento dos obxectivos da organización na que presta os seus servicios de conformidade cos criterios e principios que estableza o futuro Estatuto Marco e a lexislación vixente no seu momento.

8.3. Por razóns operativas da especificidade da materia poderase acorda-la constitución de grupos de traballo no seo da mesa sectorial para a elaboración de documentos de traballo relativos á carreira profesional de determinados grupos ou colectivos.

8.4. A execución do previsto neste punto realizarase durante a vixencia do acordo, de conformidade co previsto no punto 3 deste acordo.

9. Acción social.

A comisión de seguimento elaborará unha proposta para a regulación dunha nova configuración dos fondos actualmente destinados á acción social e dos procedementos para a súa tramitación, que teña en consideración os principios de publicidade, seguridade xurídica, periodicidade e transparencia.

Así mesmo, preverase a participación dos representantes dos traballadores na resolución dos expedientes que se tramiten.

Prevese unha dotación de 100.000 euros que se destinará a acción social, a execución da cal se realizará ó longo da vixencia deste acordo.

A partir do ano 2005, a Administración comprométese a revisa-los fondos de acción social co obxecto de desenvolve-los programas que se acorden.

10. Comisión de seguimento.

Para levar a efecto o desenvolvemento deste acordo e resolve-las incidencias que se poidan derivar da súa aplicación e interpretación, créase unha comisión de seguimento coas partes asinantes deste.

Disposicións adicionais

Primeira.-Adaptación a TIS.

Durante a vixencia deste acordo procederase á execución do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 226/1996, do 25 de abril, adaptando o sistema retributivo da productividade fixa á incidencia do novo sistema de contaxe por tarxeta individual sanitaria (TIS).

A adaptación ó sistema de contaxe por TIS axustarase á masa salarial destinada ós conceptos destinados ó complemento de productividade fixa vin

culado ás tarxetas de titulares sen que se poida supera-la dita masa salarial.

Na determinación do anterior complemento serán adoptados pola comisión de seguimento os criterios que eviten minguas retributivas significativas.

Segunda.-Reapertura de prazos de integración no réxime estatutario.

A partir do ano 2004, con periodicidade anual, abrirase o prazo que se determine para que o persoal funcionario e laboral das institucións sanitarias transferidas das corporacións locais ou doutras administracións públicas, que non tivese exercitado a súa opción pola homologación na primeira oferta realizada polo Sergas, se poida integrar en idénticas condicións a esta.

A Administración comprométese a posibilita-la coordinación das ofertas anuais de integración coas convocatorias ordinarias dos concursos de traslados e de selección de persoal. Para estes efectos, a comisión de seguimento deste acordo analizará as propostas para a súa efectividade.

Terceira.-Xerarquización do persoal de cota de atención especializada.

Ó longo do ano 2004, iniciarase no seo da mesa sectorial a negociación para establece-las condicións e o procedemento para que o persoal facultativo especialista de cota, con praza en propiedade, poida optar pola súa xerarquización.

Cuarta.-Acordo de concertación social.

Para os efectos de preserva-la súa vixencia e virtualidade, no marco da nova conformación da mesa sectorial tralo último proceso electoral, incorpórase como parte do contido deste acordo o Acordo de concertación social sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Sergas asinado entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais o 22 de febreiro de 2001.

Sen prexuízo da comisión de seguimento deste acordo, polo que atinxe ó acordo de concertación social respectarase, en todo caso, a composición e as competencias da súa comisión de seguimento.

Quinta.-Compromiso de negociación.

A Administración sanitaria, unha vez rematado o período de aplicación deste acordo, procederá a analiza-las retribucións do persoal estatutario no ámbito do Sistema Nacional de Saúde, co tratamento na

mesa de negociación e, de se-lo caso, coa fixación do calendario de negociación a partir do ano 2006.

Sexta.-Revisión de niveis de certos postos.

A comisión de seguimento, de se-lo caso, poderá acorda-la aplicación total ou parcial do complemento de acordo co complemento de destino coa finalidade de eleva-lo nivel dos postos de traballo das categorías que se determinen.

Disposicións transitorias

Primeira.-Provisión provisional de postos que comporten exercicio de tarefas de xefatura, coordinación ou especial responsabilidade.

1. A normativa que se dicte en desenvolvemento da Lei 30/1999, do 5 de outubro, determinará o sistema de provisión por persoal estatutario fixo dos postos de xefatura, coordinación e supervisión de persoal sanitario non facultativo e non sanitario.

A dita normativa establecerá o réxime de adecuación ó sistema de provisión que se estableza para os postos das citadas características, que actualmente estean desempeñados con carácter provisional.

2. A partir da entrada en vigor deste acordo, os ditos postos proveranse transitoriamente con carácter provisional. En todo caso, estes postos proveranse consonte a normativa referida no parágrafo primeiro no momento da súa entrada en vigor.

3. Regulamentariamente determinaranse os efectos económicos que, de se-lo caso, se consoliden polo desempeño dos postos a que se refire esta disposición.

O cómputo para a deducción dos citados dereitos iniciarase desde o momento en que se cumpra o disposto neste punto.

Segunda.-Provisión transitoria dos postos de xefes de cociña.

A provisión dos postos de xefe de cociña a que se refire o punto 5.2. deste acordo realizarase polo procedemento de libre designación por convocatoria pública, e pode accede-lo persoal da categoría de cociñeiros/as. Ata que se artelle regulamentariamente o dito procedemento, a provisión polo procedemento anterior terá carácter provisional.

Entrada en vigor.

Sen prexuízo do previsto no punto 3. Vixencia, este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO II

Persoal do punto 4.1.1.

Total incremento

Contía anual 2003

Incremento mensual 2003 (desde xullo)

Contía anual 2004

Incremento mensual 2004

Contía anual 2005

Incremento mensual 2005

Contía anual 2006

Incremento mensual 2006

Total incremento

Persoal facultativo de atención especializada3.150 A630 A105 A945 A78,75 A945 A78,75 A630 A 3.150 A

Farmaceúticos de atención primaria e técnicos de saúde3.150 A 1.260 A105 A945 A78,75 A945 A78,75 A

Persoal do punto 4.1.1.

Total incremento

Contía anual 2003

Incremento mensual 2003 (desde xullo)

Contía anual 2004

Incremento mensual 2004

Contía anual 2005

Incremento mensual 2005

Contía anual 2006

Incremento mensual 2006

Total incremento

Grupo A non sanitario1.700 A 680 A56,67 A510 A42,50 A510 A42,50 A1.700 A

Grupo B sanitario1.550 A 620 A51,67 A465 A38,75 A465 A38,75 A1.550 A

Grupo B non sanitario/traballador social1.350 A 540 A45 A405 A33,75 A405 A33,75 A1.350 A

Grupo C1.200 A 480 A40 A360 A30 A360 A30 A1.200 A

Grupo D/persoal de servicios xerais1.100 A 440 A36,67 A330 A27,50 A330 A27,50 A1.100 A

Grupo E non sanitario1.050 A 420 A35 A315 A26,25 A315 A26,25 A1.050 A

Persoal do punto 4.2.1.

Total incremento

Contía anual 2004Incremento mensual 2004Contía anual 2005Incremento mensual 2005Contía anual 2006Incremento mensual 2006

Médicos de familia, pediatras, odontólogos3.150 A1.260 A105 A945 A78,75 A945 A78,75 A

ANEXO III

Persoal do punto 4.1.2.

Incremento

Contía anual 2004Incremento mensual 2004Contía anual 2005Incremento mensual 2005Contía anual 2006Incremento mensual 2006

Total incremento

Supervisoras de área/secretarias escola enf.1.800 A720 A60 A540 A45 A540 A45 A1.800 A

Supervisoras de unidade/prof. escola enf.1.750 A700 A58,33 A525 A43,75 A525 A43,75 A1.750 A

Matronas/enfermeiras especialistas en saúde mental1.700 A680 A56,67 A510 A42,50 A510 A42,50 A1.700 A

Coordinadores técnicos especialista2.050 A820 A68,33 A615 A51,25 A615 A51,25 A2.050 A

Coordinadores auxiliares enfermería1.950 A780 A65 A585 A48,75 A585 A48,75 A1.950 A

Xefes de servicio non sanitario2.000 A800 A66,67 A600 A50 A600 A50 A2.000 A

Xefes de sección non sanitario1.800 A720 A60 A540 A45 A540 A45 A1.800 A

Xefes de grupo non sanitario1.500 A600 A50 A450 A37,50 A450 A37,50 A1.500 A

Xefes de equipo non sanitario1.500 A600 A50 A450 A37,50 A450 A37,50 A1.500 A

Xefe de taller1.500 A600 A50 A450 A37,50 A450 A37,50 A1.500 A

Xefes de persoal subalterno1.800 A720 A60 A540 A45 A540 A45 A1.800 A

Encargado de quenda1.500 A600 A50 A450 A37,50 A450 A37,50 A1.500 A

Encargado lavandería1.500 A600 A50 A450 A37,50 A450 A37,50 A1.500 A

Profesor de logofonía e logopedia1.550 A620 A51,67 A465 A38,75 A465 A38,75 A1.550 A

Cociñeiros1.800 A720 A60 A540 A45 A540 A45 A1.800 A