De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 6 de novembro de 2003.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-83/410 (expte. desaf.: P-133/2003).
Cta.: 1.
Nome: Adolfo Rivas Pedrosa.
Enderezo: avda. Galicia, nº 87, ptal. 4, baixo A, Vigo (Pontevedra).
Impago débeda: 14.018,77 A.