Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos da Asociación de Empresarios del Polígono Industrial de Ribadumia.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Empresarios del Polígono Industrial de Ribadumia, e mailos novos estatutos, a dita modificación consiste no cambio dos artigos 1, 2, 10, 13, 14, 17, 18, 26, 27, 29 e 30 e que pasa a denominarse Asociación de Empresarios del Polígono Industrial del Salnés, xuntándose novo texto deles, sen que se alteren os ámbitos territorial e profesional.

Asinan a acta de modificación dos estatutos: Adolfo Guillamón Melendreras e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, dez de novembro de dous mil tres.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra