Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións

públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, faise pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 20/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: substitución das conduccións de auga fría e quente sanitaria na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 187, do 26 de setembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total.

Expediente 20/2003: 109.594,92 A, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de outubro de 2003.

b) Contratista: Iglesias Mirás, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: 95.347 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado