En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, faise pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.
c) Número de expediente: 19/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: 2ª fase de rehabilitación de piscinas no complexo deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar, Ourense.
b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 157, do 14 de agosto de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación. Importe total.
Expediente 19/2003: 185.765,70 A, IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 18 de setembro de 2003.
b) Contratista: Obras y Construccciones Dios, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe: 163.678 A, IVE incluído.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.
Pilar Rojo Noguera
Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte
e Voluntariado