Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 4 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 3 de outubro de 2003 de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados no anexo I.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), faise pública a Resolución do 23 de xuño de 2003, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos indicados no anexo I xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 4 de novembro de 2003.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Establecemento: Avenida.

Signatura: H.LU-183.

Titular: Emma Pérez Otero.

Enderezo: avda. da Coruña, 21.

Concello: Lugo.

-Establecemento: Avenida.

Signatura: H.LU-279.

Titular: Ángeles Reigosa Pernas.

Enderezo: estrada xeral.

Concello: Burela.

-Establecemento: González.

Signatura: H.LU-425.

Titular: Clotilde González Saavedra.

Enderezo: avda. de Madrid, 6.

Concello: Lugo.

-Establecemento: Verdemar.

Signatura: H.LU-462.

Titular: Josefa Casariego Pedre.

Enderezo: Rúa A, 3.

Concello: Burela.

-Establecemento: A Figueira.

Signatura: H.LU-633.

Titular: Carmen Cuba Cuba.

Enderezo: Leandro Curcuny, 23.

Concello: Burela.