Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 4 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 3 de outubro de 2003 de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), faise pública a Resolución do 3 de outubro de 2003, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos indicados no anexo xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 4 de novembro de 2003.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Establecemento: Balneario de Incio.

Signatura: H.LU-6.

Titular: Manuel Gasset Dorado e irmáns.

Enderezo: Herrería de Incio, s/n.

Concello: O Incio.

Establecemento: Rego do Franco.

Signatura: H.LU-524.

Titular: Ana María Prieto Vale.

Enderezo: Praia de Lago, s/n.

Concello: Xove.