Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación Gallega de Ferrallistas, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, pasa a denominarse Asociación Gallega de Industriales de Ferralla.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 28 de outubro de 2003, acta da asemblea xeral ordinaria da Asociación Gallega de Ferrallistas, onde se reflicten os acordos acadados na reunión celebrada o 17 de xuño de 2003, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles, o que fai referencia ó nome da asociación, que pasa a denominarse Asociación Gallega de Industriales de Ferralla.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais