Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-INC-03/167 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten ó seu dispor o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47-5ª planta (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 4 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-INC-03/167.

Denunciado: Arturo Bras Blanco.

Último enderezo coñecido: Illas Albedosas, 9-4º D, Arcade, 36690 Soutomaior.

Feito denunciado: escape de queima con autorización pero sen medidas de seguridade.

Precepto infrinxido: artigo 138 c) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.