Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/331).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Somozas Energías y Recursos Medioambitales, S.A.

Domicilio social: Lugar da Igrexa-As Somozas, 15565 A Coruña.

Denominación: proxecto básico e de execución de planta de biomasa das Somozas.

Situación: As Somozas.

Obxecto: construcción dunha central de producción eléctrica utilizando como combustible principal biomasa secundaria de restos forestais e ata un 10% de combustibles convencionais, situada no parque empresarial das Somozas.

Descricións técnicas:

-Caldeira de vapor cunha turbina de 7.700 kW.

-Alternador síncrono de 8.560 kVA de potencia con COS f 0,90.

-Transformador principal de 8.560 kVA a 20/6 kV e transformador servicios auxiliares de 1.600 kVA e un xerador de enerxía de 250 kVA.

-Instalacións auxiliares de tratamento e almacenamento de biomasa, torre de refrixeración e tratamento de augas e elementos de manobra e central eléctrica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña