Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/151-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Corchos Almeida, S.L.

Domicilio social: Ventosela, 32400 Ribadavia.

Denominación: L.M.T. e C.T., para nave industrial en Ventosela.

Situación: Ribadamia.

Descricións técnicas: liña a 20 kV aero-subterránea de 415 m, derivada desde a L.M.T. ó C.T. Fábrica Ataúdes Chao e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA R/T 20.000/380-220 V preto da nave.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense