Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 415/2003, do 13 de novembro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun monitor de hemodiálise con destino ó Hospital do Meixoeiro.

A empresa Hospal, S.A. ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde do activo que se detalla a continuación, con destino ó Hospital do Meixoeiro:

-Un monitor de hemodiálise, marca Hospal, modelo INT-DIAC, cun valor de 16.600 A, doado pola empresa Hospal, S.A.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-Un monitor de hemodiálise, marca Hospal, modelo INT-DIAC, cun valor de 16.600 A, doado pola empresa Hospal, S.A.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase ó Hospital do Meixoeiro, de acordo coa vontade do doador.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, trece de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade