Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.551

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 3 de novembro de 2003, da Delegación Rexional de Recadación de Navarra, de notificación de providencia de constrinximento.

Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para se faceren cargo delas, fáiselles saber que:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente arriba indicado acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Pampolona, 3 de novembro de 2003.

Pedro C. Jiménez Jiménez

Xefe da Dependencia Rexional

de Recadación de Navarra

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteD. prov. constr.

B-31246655

Madorran Pérez, S.L.

Pol Industrial Vial B, 34 Tudela

Recadación multas e sancións D. XE.C1100003150066282360,6115-7-2003

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo sen se poderen simultanear ámbolos recursos.

Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa na Delegación de Administración da AEAT.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluído a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutiralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.

B) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia do interesado.

Queda advertido o debedor de que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Cousas, rúa Blanco Porto, 1

Papelería Cositas, San Antoniño, 11-13

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na Xunta de Galicia: edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza Maior, 14.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.