Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Anúnciase convocatoria para prover en propiedade, por concurso-oposición mediante promoción interna, unha praza de oficial pintor e unha praza de oficial fontaneiro.

No BOP de Lugo nº 67, do 22-3-2003, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria. Posteriormente no BOP de Lugo nº 244, do 23-10-2003, publicouse unha modificación destas bases.

As instancias para tomar parte nas ditas convocatorias deberanse dirixir ó alcalde do Concello de Vilalba e presentarse no rexistro xeral deste, durante o prazo de 20 días naturais contados a partir da última publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Vilalba, 29 de outubro de 2003.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde