Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócase, mediante procedemento aberto, o concurso para a adxudicación da redacción de proxecto e execución da obra de acondicionamento do Pazo

de Lis para Museo da Muller Labrega, financiado ó abeiro do proxecto: Interreg III A - Rede Turismo Cultura SP1.E29-Valorización (75% Feder, 25% concello), xestionado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios e Financiamento Territorial do Ministerio de Facenda, e a Direcção General do Desenvolvimento Regional, conforme o prego de condicións económico-administrativas e de cláusulas administrativas particulares e de bases técnicas, que se consideran parte integrante do contrato.

Obxecto.-A adxudicación da redacción do proxecto e execución da obra de acondicionamento do Pazo de Lis para Museo da Muller Labrega.

Prazo xeral de execución.-O prazo para a presentación do proxecto técnico visado, co contido mínimo establecido no artigo 124 do TRLCAP, será de 25 días naturais contados desde a notificación da adxudicación, e as obras deberán quedar rematadas no prazo máximo de dez meses desde a data de comprobación de replanteo.

Tipo de licitación.-O orzamento do contrato será, como máximo, 163.241,75 euros, IVE incluído; enténdese comprendido nel todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica.

Capacidade para contratar.-Están capacitados para contratar, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo C, subgrupos todos (do 1 ó 9), categoría c; grupo I, subgrupo 1, categoría b; grupo J, subgrupos 2 e 4, categoría b; grupo K, subgrupos 4, 7 e 9, categoría b, a solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP, e que non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar.

Garantías.-Provisional: será do 2% do importe máximo de licitación.

Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación. O período de garantía fíxase nun ano desde a aprobación da acta de recepción da obra.

Presentación de proposicións.-Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 13.30 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

Documentación e formalidades.-A esixida e segundo as formalidades previstas na cláusula 8 do prego de condicións económico-administrativas e de cláusulas administrativas particulares.

Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso.-Os que figuran na cláusula 10 do prego de condicións económico-administrativas e de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposiciones.-A mesa de contratación reunirase ás 13.00 horas do día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, será o luns inmediatamente seguinte.

Obtención de documentación e información.-No Concello de Meaño, r/ Campo da Feira nº 1, As Covas (Meaño). CP 36968, teléfono: 986 74 71 02, fax: 986 74 73 91.

Gastos de publicación.-Será por conta do adxudicatario o anuncio de licitación.

Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

Meaño, 29 de outubro de 2003.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde