Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

O día 11 de novembro de 2003 a concelleira delegada de Persoal, no uso das atribucións conferidas por decreto da alcaldía do 17-6-2003, resolveu o seguinte:

-Nomear, polo procedemento de libre designación, a María Jesús Vila Bocija para o desempeño do posto de recadadora deste concello.

As atribucións deste posto serán as establecidas no cadro orzamentario vixente consonte o establecido no acordo plenario do 30-4-2002.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de novembro de 2003.

Juan Manuel Juncal Rodríguez

Alcalde