Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión feita o dezaseis de outubro de dous mil tres, por unanimidade dos asistentes, acordou aproba-lo documento definitivo do Plan de sectorización para a transformación urbanística de SRAU de Pedrapartida de Coirós.

Con esta mesma data entregouse na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial a documentación a que se refire o artigo 92.3º da Lei

de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Lei 9/2002).

Contra este acordo cabe interponer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Coirós, 12 de novembro de 2003.

Francisco Quintela Requeijo

Alcalde