Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión de data 30 de outubro do ano que andamos, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación da edificación situada na rúa Vicente Risco, esquina coa rúa Ramón Cabanillas e Paseo Marítimo-O Temple, elaborado polo arquitecto Álvaro P. Romero Gil-Delgado, e promovido por Promocións Exconsa Vigo, S.L.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 92.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen perxuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Cambre, 10 de novembro de 2003.

Andrés Rafael López Arcay

Concelleiro-delegado da Área de Urbanismo, Facenda e Réxime Interior