Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se someten a información pública os estudios de impacto ambiental para os selados dos vertedoiros de RSU da Cañiza e A Lama (Pontevedra), promovidos pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e os concellos da Cañiza e A Lama, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública os estudios de impacto ambiental para os selados do vertedoiros de RSU da Cañiza e A Lama.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental