Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a convocatoria, mediante concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e de carácter plurianual, para a contratación do servicio de limpeza da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

A Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, una vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que de seguido se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 32/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de limpeza das dependencias da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

b) Prazo de execución: 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2004 e do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importes totais.

-Ano 2004: 35.700 A.

-Ano: 2005: 35.700 A.

5. Garantía.

a) Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, Ourense, 32004.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 60 87.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborales, agás sábados, de 9.00 a 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos do Estado. Cando as disposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n, Ourense, 32004.

c) Data: o oitavo día hábil contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presen

tación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.

d) Hora: a partir das 13.00 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 18 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 14-3-2003, D. 195/2003, do 20 de marzo)

José Sotelo Presas

Delegado provincial de Ourense accidental