Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: reforma de C.S. A Grela.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: ampliación e reforma do centro de seccionamento e de transformación da Grela, consistente en:
Nova configuración das celas de liña denominadas GRN-706 e GRN-746 así coma outras de conexión, remonte e protección de centros de transformación. Implantación dun novo transformador de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, quedando instalada unha potencia total de 1x250+1x630 kVA dentro do recinto de subestación da Grela. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta reso
lución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 21 de outubro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña